Noelia Pérez Vila

Ola, son Noli!

Fixen psicoloxía convencida de que unha parte de min quería coñecerse para poder axudar a outros.
Acabei a carreira decatándome que me puxera unha meta que en realidade dura toda a vida. Así que seguín o camiño buscando algo mais.
Atopei o ioga e reconectei co corpo, unha parte que tiña esquecida. Lembro estar por primeira vez na esterilla e sentir que isto xa formaba parte de min antes de probalo. Agora sei que forma parte de todos; movemento, respiración, centrarse no corpo e no que acontece no momento presente…son capacidades que temos de cativos e cremos telas perdidas. Asegúrovos que non é certo.
Por isto decidín facerme instructora de ioga, para axudar a abrir unha porta a aqueles que non o fixeron e acompañar aos que xa están en proceso. Deste xeito, podemos seguir crecendo xunt@s .

A min o ioga apórtame conectar co corpo, cuidalo de xeito respetuoso e calmar a mente. ¿Queres descubrir que che aporta a ti?

 

 

Si quieres saber más de mí haz click en la siguiente imagen para ver un pequeño video.

 

Twitter
Visit Us
Follow Me
LinkedIn
Share
Instagram
×